Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 18 de setembro de 2001 Páx. 12.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2001, da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados, pola que se anuncia a contratación de servicios.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: deseño e difusión dunha campaña publicitaria de mentalización sobre a necesidade da protección dos recursos mariños.

b) División por lotes e número: non existen lotes.

c) Lugar de execución: o ámbito de difusión correspóndese co do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): desde o día seguinte ó da sinatura do contrato e como máximo ata o día 31 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cen millóns de pesetas (100.000.000) (601.012,10 euros).

5. Garantías.

Provisional: 2.000.000 de pesetas (12.020,24 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.

b) Enderezo: rúa do Sar, 75.

c) Localidade e código postal: 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 62 93.

e) Telefax: 981 54 62 88. Internet: http//www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=702

f) Outros enderezos: nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): grupo III, subgrupo 3, categoría D.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 5 de outubro de 2001.

b) Documentación que integrará as ofertas: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

2º Domicilio: edificios administrativos de San Caetano, s/n.

3º Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

4º Outros lugares de presentación: correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.

d) Prazo durante o cual o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.

b) Domicilio: rúa do Sar, nº 75.

c) Localidade: 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: 10 de outubro de 2001.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ó DOCE: 14 de agosto de 2001.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2001.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras Pesqueiras

e Mercados