Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 18 de setembro de 2001 Páx. 12.412

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de setembro de 2001 pola que se nomean funcionarios en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas ós opositores que superaron os procedementos selectivos convocados por ordes do 15 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 22 de marzo) e do 8 de marzo de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 12 de marzo) que están ocupando vacante dotada orzamentariamente.

Por ordes do 15 de marzo de 2000 (DOG do 22 de marzo) e do 8 de marzo de 2001 (DOG do 12 de marzo) convocáronse procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e outros en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

O punto 1 da base común 12 das citadas ordes establece que as prácticas terán por obxecto a valoración das aptitudes didácticas dos aspirantes que aprobaron a fase de oposición, realizándose nos destinos provisionais (ou definitivos) que lles corresponda co desempeño da función docente con plena validez académica.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionario en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario a Agustín González Fernández, DNI 07874305, disciplina de francés, relacionado no anexo II da Orde do 11 de agosto de 2000 (DOG do 23 de agosto) que tivo aprazamento da fase de prácticas durante o curso 2000-2001.

O nomeamento como funcionario en prácticas do dito funcionario producirá efectos económicos e administrativos desde o 1 de setembro de 2001.

Segundo.-Nomear funcionarios en prácticas dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional os opositores que se relacionan nos anexos II e III da Orde do 10 de agosto de 2001 (DOG do 23 de agosto), coa excepción dos funcionarios de carreira do grupo B que non se incorporen a un novo destino do corpo de ensino secundario.

Terceiro.-O nomeamento como funcionario en prácticas dos funcionarios do punto segundo producirá efectos económicos e administrativos desde o 19 de setembro, excepto para os que estivesen prestando servicios como interinos no curso 2000-2001, que terá efectos económicos desde o 1 de outubro de 2001.

Cuarto.-O réxime retributivo dos funcionarios en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), polo que se fixan as retribucións dos funcionarios en prácticas.

Quinto.-Os funcionarios en prácticas que xa estean prestando servicios remunerados na Administración como funcionarios de carreira ou interinos, contratados administrativos ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lles corresponda, deberán formular opción pola percepción das remuneracións durante a súa condición de funcionarios en prácticas de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo).

Sexto.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas e instruccións que sexan necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria