Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 17 de setembro de 2001 Páx. 12.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno con data do 14-8-2001, o Plan especial de mellora do núcleo rural tradicional de Rosende, do PXOU vixente, solicitado por Hermanos Martínez-Pérez Batallón, C.B.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, número 197), e presentarse as reclamacións ou as suxestións que se desexen.

Lugo, 3 de setembro de 2001.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente-alcalde delegado da Área