Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 17 de setembro de 2001 Páx. 12.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE IRIXOA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto urxente de obra incluída no Plan Provincial 2000 de protección do medio ambiente, anualidade 2000.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Irixoa (A Coruña).

2. Obxecto do contrato: adxudicación da obra mellora de infraestructuras para potenciación do turismo e medio natural de Irixoa.

3. Prazo de execución: 4 meses.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso de acordo co prego-tipo de cláusulas aprobado por acordo plenario da deputación provincial (publicado no BOP do 4-4-2001), para a licitación de concurso con procedemento aberto.

5. Orzamento de licitación: 19.500.000 pesetas (117.197,36 euros) con IVE e demais gastos incluídos (anuncios, etc.).

6. Garantías: provisional de 390.000 pesetas (2% do tipo de licitación) e definitiva do 4% do importe de adxudicación.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Irixoa.

b) Domicilio: Pazo de Irixoa, 6 Irixoa (A Coruña), 15333.

c) Teléfono: 981 79 30 01.

d) Fax: 981 79 31 57.

8. Clasificación do contratista: no se esixe.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: no prazo de 13 días naturais, a partir do seguinte ó da última publicación no BOP ou no DOG, en horario de 9 a 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: o sobre A conterá a documentación xeral, o sobre B relativo

á oferta económica e referencias técnicas; toda ela esixida na cláusula 12 do prego.

10. Apertura de ofertas: na Casa do Concello de Irixoa, ás 13 horas do día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de plicas, excepto se coincide en sábado que se trasladará ó día hábil seguinte.

Irixoa, 4 de setembro de 2001.

José Martínez Gómez

Alcalde en funcións