Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.340

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ANUNCIO de subministración de equipamento para a unidade de oncoloxía radioterápica.

O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado na adquisición de equipamento para a Unidade de Oncoloxía Radioterápica xestionada polo Instituto no Hospital O Meixoeiro de Vigo.

Nº expediente: RT/002/01.

Equipamento: rede de comunicacions de planificación e tratamento, acelerador lineal multienerxético multiláminas, planificador dosimétrico 3D.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do instituto, praza Europa 5A-6º B Área Central-As Fontiñas 15703 Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas, nos quince días naturais a partir da data de publicación no DOG.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas centrais do Instituto Galego de Medicina Técnica, teléfono 981 57 76 50.

Apertura de sobres: os sobres nº 2 (referencias técnicas) e nº 3 (proposición económica) abriranse o 4 de outubro ás 12 horas.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2001

Xulio Villar Barreiro

Director xerente do Instituto Galego de Medicina Técnica