Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2001 pola que se anuncia concurso, mediante trámite de urxencia, para a contratación da obra E.P. 8004 Caldas-Vilanoviña (Caldas-Meis). (POL 2001).

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia da dita obra por importe de 59.095.767 pesetas, IVE incluído.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación empresarial: grupo A, subgrupo 2, categoría b; e grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Prazo de presentación de plicas: trece días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no pazo provincial, ás 11 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 6 de setembro de 2001.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado