Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por concurso aberto da subministración de xogos para parques infantís do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: parques e xardíns. Nº de expediente: 2230/446.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración por lotes de xogos para parques infantís.

Unidades que se entregarán: véxase condicións técnicas.

Lotes: si, oito lotes.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo: 10 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: lote 1: 700.000 pesetas; lote 2: 600.000 pesetas. Lote 3: 3.500.000 pesetas. Lote 4: 1.500.000 pesetas. Lote 5: 2.000.000 de pesetas. Lote 6: 14.200.000 pesetas. Lote 7: 1.000.000 de pesetas. Lote 8: 1.500.000 pesetas.

5. Garantías: provisional: dispensada.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pz. do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no DOG e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: admítense variantes de acordo coa cláusula 20 do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 23 de agosto de 2001.

Xabier Toba Girón

Alcalde accidental