Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da prestación do servicio de reparación estructural de vehículos do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: parque móbil. Nº de expediente: 14206/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: reparación estructural de vehículos do Concello de Vigo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: 45 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: lote 1: 5.350.000 pesetas; lote 2: 5.650.000 pesetas.

5. Garantías: provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pz. do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Outros requisitos:

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no DOG e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula oito do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 23 de agosto de 2001.

Xabier Toba Girón

Alcalde accidental