Visto o expediente de caducidade iniciado a José Prol Domínguez, na condición de titular da batea Himarca IV, con concesión para a cuadrícula nº: 168; Polígono: G; Distrito: Cambados (Pontevedra).
a) Feitos.
Primeiro.-Con data do 8-2-2001, a Dirección Xeral de Recursos Mariños remite á Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura
de Pontevedra a seguinte documentación: informe de inspección e localización da batea Himarca IV de data 26-10-2000, oficio da Dirección Xeral de Recursos Mariños de data 2-11-2000 solicitando informe sobre o citado viveiro e escrito de resposta da Asociación de Mejilloneros San Saturnino de Cambados á anterior consulta, de data 5-12-2000.
Do estudio desa documentación despréndese que alomenos existen dous motivos de caducidade, regulados na Lei 6/1993, de pesca de Galicia (DOG do 31 de maio):
1º Cesamento da actividade de cultivo por un período superior ós dous anos (artigo 72 letra a).
2º O incumprimento das normas que regulan o outorgamento do título administrativo habilitante (artigo 72 letra e).
Segundo.-Con data do 15 de febreiro de 2001 a Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Pontevedra acordou a incoación do expediente de caducidade da concesión polas seguintes causas:
1. Cesamento da actividade de cultivo por un período superior ós dous anos (artigo 72, letra a).
2. Vencemento do prazo de outorgamento sen que se solicitase e concedese prórroga ( artigo 72, letra c).
3. O incumprimento das normas que regulan o outorgamento do título administrativo habilitante (artigo 72 letra e).
Terceiro.-O acordo de incoación e o nomeamento do instructor e secretario foille comunicado ó interesado con data do 22 de febreiro de 2001.
Cuarto.-O instructor propón, con data do 9 de abril de 2001, a caducidade da concesión administrativa da mencionada batea.
Quinto.-Esa proposta de resolución foille notificada ó interesado o 10 de abril de 2001.
Sexto.-O interesado non formulou alegacións contra a mencionada proposta de resolución dentro do prazo legal.
b) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.
Segundo.-Lei 22/1988, do 29 de xullo, de costas.
Terceiro.-Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento da Lei de costas.
Cuarto.-Decreto 406/1996, do 5 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Quinto.-Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Considerando que o expediente se tramitou de conformidade coa lexislación vixente.
Considerando que con data do 25 de xuño de 2001 o Servicio Técnico-Xurídico informouno favorablemente.
Esta consellería, no exercicio das súas atribucións e competencias,
RESOLVE:
Extingui-lo título habilitante do establecemento de cultivos mariños que a continuación se relaciona:
Tipo: viveiro (batea).
Subtipo: batea.
Nome: Himarca IV.
Especies: ostra plana (Ostrea Edulis), vieira (Pecten Maximus).
Situación:
Cuadrícula nº: 168.
Polígono: G.
Distrito: Cambados (Pontevedra).
Título habilitante: concesión.
Data outorgamento: 16-1-1975 (BOE do 42).
Vixencia: 18-2-1985.
Titular: José Prol Domínguez.
As causas polas que se resolve a extinción son as seguintes, tal e como establece a Lei 6/1983, de pesca de Galicia:
1. Cesamento da actividade de cultivo por un período superior ós dous anos (artigo 72, letra a).
2. Vencemento do prazo de outorgamento sen que se solicitase e concedese prórroga ( artigo 72, letra c).
3. O incumprimento das normas que regulan o outorgamento do título administrativo habilitante (artigo 72 letra e).
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo de un mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a xurisdicción contencioso-administrativa, ámbolos prazos contaranse desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2001.
Amancio Landín Jaráiz
Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura