Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Cía. Electrificación, S.L.
Domicilio social: Doutor Caraus, 7-1º, 36600 Vilagarcía de Arousa.
Denominación: L.M.T. e C.T. O Castriño.
Situación: Illa de Arousa.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 880 m de lonxitude, con conductor R.H.Z., desde a L.M.T. Ponte-Rodel, ata o C.T. que se proxecta no Castriño, concello da Illa de Arousa. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 24 de xullo de 2001.
P.D. (Resolución 20-7-2001)
Carmen Girón Daviña
Secretaria provincial de Pontevedra