Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/265-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Cía. Electrificación, S.L.

Domicilio social: Doutor Carus, 7-1º, 36600 Vilagarcía de Arousa.

Denominación: L.M.T. e C.T. Tarais.

Situación: Illa de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 150 m de lonxitude, con conductor LA-30, sobre apoios de formigón, desde o apoio nº 31 da L.M.T. Ponte-Rodel ata o C.T. que se proxecta en Tarais, no Concello da Illa de Arousa. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 24 de xullo de 2001.

P.D. (Resolución 20-7-2001)

Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra