Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.280

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da corrección de erros do convenio colectivo da empresa Cancris Vigo, S.L.

Visto o escrito dos asinantes do convenio colectivo da empresa Cancris Vigo, S.L., publicado no Diario Oficial de Galicia nº 89, do 9-5-2001 e no BOP nº 80, do 25-4-2001, con número de código 3603432, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4 do mes que andamos, no que ámbalas dúas partes acordan proceder á emenda de defectos ou erros existentes no convenio colectivo, afectando o artigo 10, anexo I, onde se di: inclúese un complemento de transporte de 10.860 pesetas mensuais durante a vixencia do presente convenio igual para tódalas categorías profesionais, etc. Este parágrafo non cita os acordos adoptados, posto que debería dicir: inclúese un complemento de transporte de 10.860 pesetas mensuais durante a vixencia do presente convenio igual para tódalas categorías profesionais, excepto, para as seguintes categorías:

-Persoal obreiro non afecto ás montaxes e obras.

-Persoal administrativo.

-Persoal técnico.

Este complemento só será aboado nos meses efectivamente traballados, non devengándose en períodos de incapacidade laboral ou vacacións. Polo seu carácter extrasalarial, non se terá en conta nas cotizacións á Seguridade Social, segundo o artigo 75 da Lei xeral da Seguridade Social, nin o apartado de axudas de custo, nin o complemento de transporte.

Que ó abeiro do disposto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), as administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos, existentes nos seus actos, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Rectifica-lo erro material sufrido no artigo 10, anexo I, parágrafo derradeiro, no sentido que figura transcrito.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Terceiro.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Cuarto.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 9 de xullo de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra