Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 13 de setembro de 2001 Páx. 12.234

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización da U.E. IV-13 Ramón Nieto, 7 (expediente 4216/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 10 de maio de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da UE IV-13, Ramón Nieto, 7 redactado pola arquitecta Alba Rodríguez Álvarez, con planos visados polo COAG no 6-3-2001, 20-7-2001, 12-6-2000 e 31-3-2000 (expediente 4216/401).

Segundo.-A conservación da vía peonil interior e dos espacios libres e zonas verdes cedidos en pleno dominio ó concello no devandito polígono (840 m) será por conta dos propietarios das parcelas integrados nunha entidade urbanística de conservación que deberá constituírse ó tempo da recepción das obras de urbanización. Esta condición farase constar expresamente nas licencias de edificación que se concedan no ámbito de referencia.

Terceiro.-Antes do inicio das obras e como condición suspensiva dos efectos do presente acordo de aprobación definitiva, o interesado deberá presentar un aval polo 100% do orzamento das obras, que ascende a 13.660.999 pesetas, como garantía da súa execución.

Cuarto.-No momento inmediatamente anterior ó inicio das obras, efectuarase un replanteo destas en coordinación cos técnicos do Departamento de Vías e Obras do concello. Tamén debe comunicarse o inicio e finalización das obras ó departamento municipal de servicios electromecánicos, para a comprobación da rede de iluminación pública.

Quinto.-Publica-lo presente acordo no BOP e no DOG, con notificación individualizada ós interesados, na forma legalmente prevista.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñe-los seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición ante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

b) Contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Nembargantes, interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta por transcurso do prazo máximo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

c) Calquera outro recurso que se estime oportuno e sexa procedente interpoñer.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 23 de maio de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo