Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 13 de setembro de 2001 Páx. 12.234

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, en sesión do 26 de xullo de 2001, o Plan Xeral de Ordenación Municipal sométese a información pública por prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no DOG, durante o cal poderá ser examinado nos servicios técnicos do concello, e formula-las alegacións ou observacións que se estimen pertinentes.

As áreas do territorio obxecto do planeamento das que as novas determinacións supoñen modificación do réxime urbanístico vixente e que, polo tanto, quedan afectadas pola suspensión de licencias a que se refire o artigo 34 da Lei do solo de Galicia, localízanse todas no solo urbano de Arcade e quedan reflectidas nun plano adxunto ó Plan Xeral de Ordenación Municipal que se somete a información pública.

O prazo de suspensión é dun ano.

Soutomaior, 3 de agosto de 2001.

Agustín Reguera Ocampo

Alcalde