Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 13 de setembro de 2001 Páx. 12.233

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RAMIRÁS

ANUNCIO de licitación.

Resolución do Concello de Ramirás pola que se anuncia a contratación da obra de acondicionamento de edificio para residencia da 3ª idade Mosteiro, Ramirás, 3ª fase, por procedemento aberto e concurso.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP, anúnciase concurso, polo procedemento aberto, para adxudica-la obra seguinte:

1. Obxecto do contrato: obra de acondicionamento de edificio para residencia da 3ª idade en Mosteiro, Ramirás, 3ª fase, segundo proxecto dos arquitectos Alberto de Paula Prieto e Aurelio Outeiriño Fernández, aprobado pola Comisión de Goberno do 9 de agosto de 2001.

2. Duración do contrato: oito meses.

3. Tipo de licitación: 15.916.000 pesetas.

4. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo á partida do orzamento vixente.

5. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais.

6. Garantía provisional: será do 2% do tipo de licitación, equivalente a 318.320 pesetas.

7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes á publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

8. Garantía definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.

9. Presentación de proposicións: ata as trece horas do décimo terceiro día hábil natural seguinte contado desde a última das datas de publicación do anuncio no BOP de Ourense ou ben no Diario Oficial de Galicia.

10. Apertura de proposicións: ás dezasete horas do segundo día hábil (agás sábado) seguinte a aquel no que remate o prazo para a presentación de proposicións, en acto público, no salón de sesións da casa do concello.

11. Modelo de proposición: o recollido na cláusula 17 do prego.

Ramirás, 9 de agosto de 2001.

Pilar López García

Alcaldesa