Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 13 de setembro de 2001 Páx. 12.233

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTOMARÍN

ANUNCIO de licitación.

Resolución do Concello de Portomarín pola que se anuncia a contratación da obra de proxecto de accesos os núcleos de poboación de Fontegrande, Narón e Lamas Maiores, por procedemento aberto, trámite de urxencia e forma de adxudicación concurso. De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP anúnciase o concurso, por procedemento aberto para adxudica-la obra de proxecto de accesos ós núcleos de poboación de Fontegrande, Narón e Lamas Maiores, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do presente contrato a realización, por procedemento aberto mediante a forma de concurso, de acordo co proxecto técnico e o seu desagregamento, redactado pola enxeñeira técnica agrícola Aurora Miñano García, e aprobado pola Comisión de Goberno deste concello en data 13 de agosto de 2001.

O referido proxecto mailos pregos de cláusulas e prescricións técnicas, cos documentos que respectivamente se integren, formará parte do contrato de adxudicación da obra, que no seu día se outorgue.

2. Duración do contrato: tres meses, a contar desde a formalización da acta de comprobación do replanteo.

3. Tipo de licitación: 15.219.154 pesetas, no que se inclúen o beneficio industrial, os gastos xerais, fiscais, a dirección da obra e o IVE.

4. Pagamento: os pagamentos faranse efectivos trala presentación das certificacións de obra e unha vez que se reciban os fondos correspondentes.

5. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais, departamento de contratación.

6. Garantía provisional: será do 2% do tipo de licitación.

7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes ós da publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación no caso de impugnación.

8. Garantía definitiva: 4% do orzamento da adxudicación.

9. Presentación de proposicións: durante os trece días naturais seguintes ós da publicación do anuncio de licitación (BOP e DOG).

10. Apertura de proposicións: ás doce horas do terceiro día hábil seguinte ó da conclusión do prazo para presentación de proposicións.

11. Modelo de proposición: o recollido na cláusula 24 do prego de cláusulas.

Portomarín, 31 de agosto de 2001.

Eloy Rodríguez López

Alcalde