Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 13 de setembro de 2001 Páx. 12.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación da proposta de resolución do expediente sancionador por infraccións en materia de espectáculos públicos. (LU-E 172/2001).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das

administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselle ás persoas que a continuación se relacionan, a quen non se lle puido facer por correo certificado, as propostas de resolución dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase de seguido:

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas

alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Lugo, 30 de xullo de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Nome-DNI/NIF-Nº Expediente-Precepto infrinxido-Último domicilio-Multa

Dobara, S.L.B-27102979LU-E 172/200126-e) LO 1/1992Clérigos, 17, Lugo15.000 pesetas