Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 13 de setembro de 2001 Páx. 12.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos. (LU-E 119/2001 e catro máis).

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícanselle ás persoas que a continuación se relacionan, ó non poderselles notificar por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; a súa contía e número cítanse a seguir:

Contra estas resolucións poderá interpoñer o interesado recurso de alzada, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun

mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que, de non ser presentado este en tempo e forma, deberá aboa-la multa imposta no período de pagamento voluntario, a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Recadación de multas e sancións de espectáculos públicos número 2091/0152/29-3110001658, en calquera oficina da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número de expediente sancionador, co cal se rematará este. Transcorrido o dito prazo, procederase ó cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición terceira da Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (Diario Oficial de Galicia do 3 de xuño).

Lugo, 30 de xullo de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Nome-DNI/NIF-Nº Expediente-Precepto infrinxido-Último domicilio-Multa

Mª Gualdina Vaz Vassalo34246264LU-E 141/200123-e) LO 1/1992Xeneral Franco, 126-1º,

Quiroga

50.001 pesetas

Manuel Casal Maseda33831613LU-E 119/200123-o) en relación co

26-e) LO 1/1992

Misericordia, 50-1º, Viveiro150.000 pesetas e 20 días

de suspensión da licencia

de apertura

Manuel Casal Maseda33831613LU-E 111/200123-o) en relación co

26-e) LO 1/1992

Misericordia, 50-1º,

Viveiro

150.000 pesetas e 20 días

de suspensión da licencia

de apertura

José Ángel Granda Nieto77594676LU-E 48/200126-e) LO 1/1992Nuestra del Carmen,

Elasa 3º B, Burela

10.000 pesetas

Blanca Villar Alvariño33346997LU-E 184/200126-e) LO 1/1992Noreas, 15-5º, Lugo15.000 pesetas