Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 13 de setembro de 2001 Páx. 12.216

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública, e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 308/2000).

Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así como a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. C.T. Corques (Rianxo).

Liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 730 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 5 da liña Paradela-Campo Maneiro (expediente 50669), e final no C.T. Corques, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Corques, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 710 m de lonxitude, discorrendo polo lugar de Corques, no termo municipal de Rianxo.

A petición someteuse á información pública, e a relación de propietarios, bens e dereitos afectados publicáronse no DOG do 12-2-2001 e no BOP do 26-1-2001, no xornal El Ideal Gallego do 16-1-2001 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Rianxo, ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na devandita relación.

Así mesmo, comprobouse que as alegacións efectuadas polos interesados encanto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non darse as condicións previstas no artigo 58.B da devandita lei e artigo 26 do mencionado decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966, e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a súa utilidade pública que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución;

tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 20 de xullo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña