Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 13 de setembro de 2001 Páx. 12.203

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 5 de setembro de 2001, da División de Recursos Humanos, polo que se fai pública a relación definitiva de aspirantes excluídos e admitidos ó proceso selectivo para vinculación temporal de dúas prazas do Servicio Central de Prevención de Riscos Laborais e Saúde Laboral (Diario Oficial de Galicia número 84, do 2 de maio de 2001), así como a relación definitiva de candidatos seleccionados para a entrevista persoal e as datas correspondentes.

As devanditas relacións será expostas na mesma data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia nos taboleiros de anuncios das xerencias das institucións sanitarias do Sergas, da Secretaría Xeral do Sergas, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, das delegacións provinciais do devandito organismo, das direccións provinciais do Sergas e da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos