Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 12 de setembro de 2001 Páx. 12.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2001 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación de asistencia técnica para a impartición de programas de inducción e sensibilización cara ó cambio estratéxico e empresarial para o Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación de asistencia técnica para a impartición de programas de inducción e sensibilización cara ó cambio estratéxico e empresarial para o Igape.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, Teléfono: 981 54 16 93, Fax: 981 54 10 92.

Número de expediente: CP nº 8/2001.

2. Obxecto do contrato: impartición dos seguintes programas de inducción e sensibilización cara ó cambio estratéxico e empresarial para o Igape:

2 programas de estratexias de políticas retributivas nos novos contornos competitivos (lote 1).

2 programas de eliminación do malgasto (lote 2).

2 programas de directrices para a xestión dos custos da non calidade (lote 3).

4 programas de beneficios na xestión do capital circulante e a tesourería (lote 4).

4 programas de retención e fidelización de clientes (lote 5).

4 programas do impacto do comercio electrónico e as novas canles de comercialización (lote 6).

2 programas de beneficios por reducción do tempo de ciclos dos procesos de negocio (lote 7).

1 programa dos beneficios da planificación a medio prazo nas Pemes (lote 8).

1 programa de claves de éxito na implantación dun cadro de mando integral (lote 9).

2 programas de factores determinantes na función de compras a través de internet (lote 10).

1 programa da participación do persoal nos obxectivos da empresa (lote 11).

7 programas de como planifica-la sucesión na empresa familiar e evita-los problemas (lote 12).

16 programas de como detectar oportunidades de mellora na empresa (lote 13).

Plazos de execución e vixencia: os prazos de execución serán os establecidos na oferta técnica do adxudicatario e como máximo serán tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo total de licitación: 14.600.000 pesetas (catorce millóns seiscientas mil pesetas), 87.748 euros, IVE e gastos incluídos, segundo o detalle seguinte:

Lotes nºProgramasMáximo horas lect. por progr.Orzamento máximo por hora lectivaOrzamento máximo de licitación por lote

8,9,111850.000 ptas.

301 euros

400.000 ptas.

2.404 euros

1,2,3,7,102850.000 ptas.

301 euros

800.000 ptas.

4.808 euros

4,5,64850.000 ptas.

301 euros

1.600.000 ptas.

9.616 euros

127450.000 ptas.

301 euros

1.400.000 ptas.

8.414 euros

1316450.000 ptas.

301 euros

3.200.000 ptas.

19.232 euros

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación dos lotes ós que se concorra.

6. Clasificación: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Barrio de San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo quinto día natu

ral seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das ofertas.

9. Variantes: admítense variantes sobre programas docentes, metodoloxía didáctica, duración dos programas e melloras ás técnicas propostas.

10. Apertura das ofertas: en acto público ás 12.30 horas do quinto día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 12.30 horas do décimo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

11. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica