Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 12 de setembro de 2001 Páx. 12.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 6 de agosto de 2001, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a iniciación dos expedientes sancionadores ES-P-023/2001 e dous máis, por infracción en materia de vivenda, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle ás persoas que se relacionan no anexo o acordo de iniciación dos procedementos sancionadores ES-P-023/2001 e dous máis, dictados polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 5 de xullo de 2001, por infracción do disposto no artigo 5.c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, devolto polo servicio de correos.

Consonte o disposto no artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os interesados disporán dun prazo de quince días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións estimen convenientes e, de se-lo caso, para propoñer proba, concretando os medios de que pretendan valerse.

Así mesmo, en calquera momento do procedemento, poderán coñece-lo seu estado de tramitación e acceder e obter copias dos documentos contidos nel, nestas dependencias da Área Provincial do IGVS (r/ Alcalde Hevia, 7, Pontevedra).

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 6 de agosto de 2001.

P.A.

Federico del Campo Navarro

Xefe do Servicio Técnico

ANEXO

Expediente sancionador: ES-P-023/2001.

Nome: Javier Moure Parada.

Enderezo: polígono Torneiros, fase IV, blq. 7, baixo esquerda (O Porriño).

Expediente construcción: PO-91/504, cta.: 62.

Infracción: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Expediente sancionador: ES-P-024/2001.

Nome: Juan Carlos Rodríguez Monroy.

Enderezo: polígono Torneiros, fase IV, blq. 3, nº 8, baixo esquerda (O Porriño).

Expediente construcción: PO-91/504, cta.: 72.

Infracción: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Expediente sancionador: ES-P-027/2001.

Nome: Manuel García Brandariz.

Enderezo: polígono Torneiros, fase IV, blq. 11, 5º dereita (O Porriño).

Expediente construcción: PO-91/504, cta.: 115.

Infracción: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.