Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 12 de setembro de 2001 Páx. 12.160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 17 de xullo de 2001, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador PESAN1 97/000592-1.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a resolución do recurso de alzada dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial da Coruña, Ramón y Cajal, s/n, 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 97/000592-1.

Denunciado: José María Fernández Riveiro.

DNI: 71612560J.

Enderezo: praza do Conde, 17-4º, Pontedeume.

Precepto infrinxido: 6.1º, 6.12º.

Sanción: 330.000 pesetas/1.983,34 euros.

Resolución: desestimatoria, confirmando a resolución recorrida.

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na c/c nº 311.000.174/2 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal da Coruña, título da conta Tesouro da Facenda Galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non ser aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobro pola vía de constrinximento regulamentaria.

A Coruña, 17 de xullo de 2001.

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña