Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 12 de setembro de 2001 Páx. 12.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/250-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e 3 CC.TT. en finca dos Aires I, II e III-Sto. T. Freixeiro.

Situación: Vigo.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 1.150 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio N.45 da L.M.T. Bal 7.07, alimentando en bucle os CC.TT. que se proxectan

nomeados finca dos Aires I, II e III-San Tomé de Freixeiro, no concello de Vigo, rematando no punto de inicio da liña. Tres centros de transformación de 400 kVA cada un, relación de transformación 15 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 9 de xullo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra