Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 12 de setembro de 2001 Páx. 12.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/249-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Costiña.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 450 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o cambio aéreo-subterráneo no C.T. Tombelo ata o C.T. que se proxecta en Costiña, concello de Sanxenxo. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 30 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o C.T. de Costiña. R.B.T., subterránea, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo R.V., desde o C.T. de Costiña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 9 de xullo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra