Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 12 de setembro de 2001 Páx. 12.130

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de agosto de 2001 pola que se autoriza o centro privado ADDES de Vigo (Pontevedra), para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos en quenda de tarde noite.

Examinado o expediente presentado polo centro privado ADDES de Vigo, polo que se solicita auto

rización para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos en quenda de tarde noite.

Resultando que por Orde do 23 de outubro de 2000 (DOG do 9 de novembros), se autorizou ó dito centro para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos, en quenda de mañá.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31-1-2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos á autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica; Decreto 296/1999 (DOG do 18-11-1999) polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995 do 10 de maio (DOG do 22) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o dito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa

DISPÓN:

Primeiro-Autoriza-lo centro privado ADDES de Vigo (Pontevedra), para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos en quenda de tarde noite, segundo se especifica no anexo da presente orde.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso

contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: rúa Rivera Atienza nº 20.

Código do centro: 36024215.

Denominación: centro privado ADDES.

Titular: Promociones Carbajales de Galicia, S.L.

Composición resultante:

Quenda de mañá:

-2 ciclos formativos de grao medio de xestión administrativa (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).

-1 ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).

-1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).

Quenda de tarde noite:

-1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).