Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 11 de setembro de 2001 Páx. 12.124

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA RURAL DE LUGO

ANUNCIO.

Na asemblea xeral de Caixa Rural de Lugo, realizada en segunda convocatoria o 23 de xuño de 2001, entre outros, adoptouse o acordo, por unanimidade, de modifica-la denominación da entidade, e adopta-la de Caixa Rural Galega e, conseguintemente, a modificación dos artigos 1 e 2 dos estatutos sociais, que quedarán nos seguintes termos:

Artigo 1º.-Denominación. Réxime xurídico.

A Caixa Rural de Lugo, Sociedade Cooperativa de Crédito Limitada, inscrita no Rexistro de Cooperativas do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais co número 523/SºMT, no Rexistro de Cooperativas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, co número 68-SCT, no Rexistro Mercantil nº 1 de Lugo, tomo 177, folio 92 e folla LU-1651, e no rexistro do Banco de España co número 30 da sección C), por acordo da súa asemblea xeral, que tivo lugar o día 23 de xuño de 2001, indica a súa denominación social, adoptando a nova de Caixa Rural Galega, Sociedade Cooperativa de Crédito Limitada.

Rexerase polo disposto nestes estatutos e, no non previsto neles, polo regulado na Lei 13/1989, do 26 de maio, de cooperativas de crédito, as súas normas de desenvolvemento, polas disposicións dictadas pola Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio das súas competencias e polas que, con carácter xeral, regulan a actividade nas entidades de crédito, así como polas disposicións que fosen de aplicación.

Con carácter supletorio, seralle de aplicación a lexislación de cooperativas.

Artigo 2º.-Personalidade xurídica.

A Caixa Rural Galega goza de personalidade xurídica e de plena capacidade de obrar.

Lugo, 27 de xullo de 2001.

O director xeral

Rubricado