Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 11 de setembro de 2001 Páx. 12.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de urbanización U.E. IV-10 Ramón Nieto, 4 (expediente 4286/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 12 de xullo de 2001, acordou:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do polígono U.E. IV-10-Ramón Nieto 4, redactado polo arquitecto Javier Martínez Díez e visado polo COAG en 22-6-2001 e 4-5-2001 (expediente 4286/401).

Segundo.-Sométese o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a publicación de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como mediante notificación individualizada ós propietarios incluídos no ámbito do proxecto de urbanización.

Sométese o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, a través de publicación no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 42.1º, significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o último anuncio.

A documentación do presente expediente atópase a dispor do público en xeral na oficina de información urbanística, na planta baixa da xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos aqueles propietarios ou interesados directamente afectados que por resultar descoñecido ou ignorado o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 31 de agosto de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo