Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 10 de setembro de 2001 Páx. 12.076

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

ANUNCIO.

De conformidade co previsto no acordo do 5 de abril de 2001 (DOG nº 77, do 20 de abril), da dirección da escola, polo que se anuncia a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura por personal laboral fixo de 11 prazas de persoal de servicios xerais (PSX), na FEGAS, a comisión de selección

ACORDA:

Primeiro.-Facer público o acordo da comisión de selección cualificadora polo que se concreta a folla de cálculo e procesador de textos sobre os que desenvolverá a proba informática que, como segunda proba eliminatoria do proceso selectivo, se prevé no punto A.2. da base sexta da convocatoria.

Segundo.-A dita proba eliminatoria consistirá nun exercicio en ordenador persoal, no que o aspirante resolverá as cuestións propostas pola comisión de selección coas seguintes ferramentas, tal como se establece na convocatoria:

Procesador de textos: Microsoft Word 2000.

Folla de cálculo: Microsoft Excel 2000.

O exercicio poderá esixir-la utilización do procesador de textos, folla de cálculo ou o conxunto de ambos.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2001.

Javier Bouzada Romero

Presidente da comisión de selección