Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 10 de setembro de 2001 Páx. 12.076

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización do Plan parcial Cambeses (expediente 4269/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 5 de xullo de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do ámbito do Plan parcial Cambeses redactado polo arquitecto Juan Ángel Visier Gil e visado polo COAG en datas 26-6-2001, 4-5-2001 e 27-12-2000, cun orzamento de execución material de 271.366.858 pesetas (exp. 4269/401).

Segundo.-Somete-lo presente expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes mediante publicación de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como mediante notificación individualizada ós propietarios incluídos no ámbito do proxecto de urbanización».

Procédese ó trámite de información pública do expediente. O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o día seguinte da derradeira publicación. O expediente está ó dispor do público no Departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu domicilio non poidan ser notificados.

Vigo, 23 de xullo de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo