Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 10 de setembro de 2001 Páx. 12.075

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO.

Advertido erro no anuncio inserto no DOG nº 152, do 7 de agosto de 2001 (páxina 10.740, punto 6), procédese a efectua-la oportuna corrección de erros: onde di «6. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: grupo C, subgrupo todos e categoría E. a) Grupo K, subgrupo 7, categoría E», debe dicir: «6. Requisitos específicos do contratista. a) Clasificación: grupo C, subgrupo todos e categoría c».

Simultaneamente faise saber que o expediente de contratación das obras foi declarado de tramitación urxente e que, consecuentemente, e ó abeiro do establecido no artigo 71.2º b) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, o prazo para a presentación de proposicións establecense en trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no BOP ou no DOG, último no que se publique.

Soutomaior, 3 de setembro de 2001.

Agustín Reguera Ocampo

Alcalde