Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 10 de setembro de 2001 Páx. 12.074

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

Aprobado o prego de condicións económico-administrativas da obra de construcción dun centro sociocultural xuvenil e da terceira idade, exponse a información pública polo prazo de 8 días para efectos de reclamacións. Asemade, anúnciase a convocatoria de concurso para a contratación da devandita obra.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Sanxenxo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Obras Municipais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: construcción dun centro sociocultural xuvenil e da terceira idade.

b) Lugar de execución: Miraflores-Sanxenxo.

c) Prazo de execución: 18 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 243.718.922 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 4.874.378 pesetas.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Sección de Obras Municipais do Concello de Sanxenxo, rúa Consistorio, 4-6, 36960 Sanxenxo (Pontevedra). Tfno. 986 72 00 75-76. Fax: 986 72 10 22.

Data límite para solicitar documentos e información: o día en que finalice o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: ver cláusula 6 do prego respectivo.

b) Outros: acreditar solvencia técnica e financeira.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: a que resulte de contar 26 días naturais desde o seguinte á última publicación deste anuncio, sexa no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a descrita no respectivo prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación: Concello de Sanxenxo (ver punto 6).

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade e domicilio: ver punto 6.

b) Data: no sexto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

Criterios de adxudicación: cláusula 18 do prego respectivo.

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Sanxenxo, 10 de agosto de 2001.

Telmo Martín González

Alcalde