Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 10 de setembro de 2001 Páx. 12.047

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 30 de xullo de 2001 pola que se convoca proceso selectivo para o acceso a categorías correspondentes ós grupos III, IV e V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Advertidos erros materiais na Orde do 30 de xullo de 2001, publicada no DOG nº 160, do 20 de agosto, é necesario efectua-las seguintes correccións:

-Na páxina 11.108, grupo III, II.2.2 letra b, onde di: «... deberán desenvolver por escrito tres

temas...», debe dicir: «... deberán desenvolver por escrito dous temas...».

-Na páxina 11.111, grupo III, no anexo I, na segunda columna, onde di: «categorías 61 (oficial laboratorio), 63 (oficial 1ª conductor), 65 (oficial 1ª cociña) e 68 (oficial 1ª campo)», debe dicir: «categorías 61 (oficial laboratorio e demais incluídos nesta categoría), 63 (oficial 1ª conductor e demais incluídos nesta categoría), 65 (oficial 1ª cociña e demais incluídos nesta categoría) e 68 (oficial 1ª campo e demais incluídos nesta categoría)».

-Na páxina 11.122, grupo IV, no anexo I, na segunda columna, onde di: «categorías 3 (auxiliar sanitario), 4 (auxiliar fogar), 5 (oficial 2º cociña) e 9 (oficial 2º faenas ag.)», debe dicir: «categorías 3 (auxiliar sanitario e demais incluídos nesta categoría), 4 (auxiliar fogar e demais incluídos nesta categoría), 5 (oficial 2º cociña e demais incluídos nesta categoría) e 9 (oficial 2º faenas ag. e demais incluídos nesta categoría)».

-Na páxina 11.133, grupo V, no anexo I, na segunda columna, onde di: «categorías 1 (camareiro limpador), 3 (ordenanza) e 11 (limpador)», debe dicir: «categorías 1 (camareiro limpador e demais incluídos nesta categoría), 3 (ordenanza e demais incluídos nesta categoría) e 11 (limpador e demais incluídos nesta categoría)».

-Nas páxinas 11.122 e 11.133, grupos IV e V, no anexo I, na sétima columna, onde di: «3º exercicio», debe dicir: «2º exercicio».