Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.955

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PÁRAMO

ANUNCIO do avance do proxecto de ordenación do medio rural do Páramo.

Sometido a coñecemento do Pleno deste concello, na sesión extraordinaria do 22 de agosto de 2001, o avance do proxecto de ordenación do medio rural do Páramo, de conformidade co disposto no artigo 41.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as entidades e particulares poderán suxeri-lo que estimen oportuno e presenta-las propostas e os convenios urbanísticos que estimen procedentes.

O Páramo, 22 de agosto de 2001.

Gumersindo A. Rodríguez Liz

Alcalde-presidente