Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.954

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (398/2001).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 9 de agosto de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle das parcelas F1, F2 e F3, do sector A-6 do PXOU de Ourense, promovido por Abelardo Mato Corral, en representación de Inverexpán, S.L., coas condicións sinaladas nos informes dos servicios de Enxeñería e de Planeamento e Xestión de datas 13 de xuño e 31 de xullo de 2001 e 12 de xuño e 19 de xullo de 2001, respectivamente dos que se dará traslado ó interesado.

2. De conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 1/1997, do solo para Galicia, unha vez aprobado inicialmente someterase a información pública durante un mes mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior circulación da provincia.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 24 de agosto de 2001.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente