Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cariño.

b) Dependencia que tramita expediente: Secretaría.

c) Nº de expediente: 17-3-2001.

2. Obxecto do contrato e orzamento de licitación.

a) Descrición do obxecto: a execución da seguinte obra: apertura e pavimentación nova rúa ente avda. da Constitución e paseo marítimo.

b) Lugar de execución: Concello de Cariño.

c) Prazo de execución (meses): cinco.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Concurso, con procedemento aberto, tramitación urxente.

4. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación (416.214 pesetas).

5. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Cariño, praza da Pulida, s/n, 15360-Cariño.

Teléfono: 981 40 50 64, fax: 981 40 50 29.

6. Clasificación do contratista.

Non se esixe.

7. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP ou no DOG, en horario de 9 a 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación requirida presentarase tal como se indica no punto nº 12 do prego de cláusulas administrativas particulares que haberán de rexe-la contratación por concurso con procedemento aberto das obras incluídas en plans provinciais (BOP nº 78, de 4 de abril de 2001).

c) Lugar de presentación: Concello de Cariño (rexistro xeral), praza da Pulida s/n, 15360 Cariño.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados desde a apertura das proposicións (artigo 890 do TR da LCAP).

9. Apertura das ofertas.

a) Data: ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ó luns seguinte.

10. Gastos de anuncios.

Os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán de conta do adxudicatario.

Cariño, 20 de agosto de 2001.

Fernando Tallón Cabana

Alcalde