Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2001 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto, para a adxudicación da obra que se cita.

1. Entidade adxudicadora:

-Organismo: Universidade de Vigo.

-Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

-Nº de expediente: 407/01.

2. Obxecto do contrato:

-Descrición do obxecto: pavillón polideportivo no Campus de Ourense.

-Lugar de execución: Campus Universitario de Ourense.

-Prazo de execución: 12 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 189.132.768 pesetas (1.136.710,82 euros).

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Obtención de documentación e información:

-Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

-Enderezo: r/ Areal, 46-anexo-3º andar.

-Localidade e código postal: Vigo, 36201.

-Teléfono: 986 81 35 56.

-Telefax: 986 81 38 57.

-Data límite de obtención de documentos e información: o día do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

-Clasificación esixible: grupo C, subgrupo 2, categoría D.

-Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

-Data límite de presentación: rematará o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

-Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Lugar de presentación: entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. Domicilio: r/ Areal, 46-edificio anexo, planta baixa. Localidade e código postal: Vigo, 36201.

-Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

-Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

-Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

-Domicilio: r/ Areal, 46-1ª planta.

-Localidade: Vigo, 36201.

-Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

-Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 27 de agosto de 2001.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Julio Taboada Pérez

Xerente da Universidade de Vigo