Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2001, da Delegacion Provincial de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto, tramitación urxente, para a contratación do servicio de limpeza da Área de Servicios Sociais de Ourense.

De conformidade co establecido na Orde do 21 abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, esta delegación provincial resolve anuncia-la contratación do servicio que a continuación se cita:

1. Obxecto e orzamento: servicio de limpeza da Área de Servicios Sociais de Ourense, por un importe máximo de 8.000.000 de pesetas (IVE incluído), equivalente a 48.080,97 euros.

2. Solvencia económica e financeira e técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares

3. Prazo de execución: 2 anos.

4. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas e demais documentación complementaria pódense solicitar nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais durante as horas de oficina, tódolos días laborables desde as 9 ata ás 14 horas.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Admisión de variantes: non se admiten.

7. Criterios de adxudicación: ver punto 12 da folla de especifacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente

no rexistro da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense, na avda. de Zamora, nº 13, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviados por correo da maneira indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Delegación Provincial de Ourense, a partir das 10 horas do terceiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó seguinte día hábil.

10. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Anuncio: o pagameno deste anuncio será por conta do adxudicatario/s.

Ourense, 21 de agosto de 2001.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense