Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.909

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (2/2001).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, da fe de que nos autos de acollemento familiar que se seguen neste xulgado co nº 2/2001, se acordou, por Resolución do 13 de agosto de 2001, a citación de Guillermo Colías Gutiérrez, mediante a publicación da seguinte cédula de citación.

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de acollemento familiar 2/2001, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a Guillermo Colías Gutiérrez, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 18 de outubro, ás 10.30 horas, compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoo de que, de non o verificar, recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

A Coruña, 13 de agosto de 2001.

A secretaria

Rubricado