Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.904

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2001 pola que se convoca concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios (54 a 61/2001).

De conformidade co establecido no título quinto da Lei 11/1983, do 25 agosto, e no artigo 2.4º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado resolveu convocar concurso para as prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, conforme as seguintes bases:

Primeira.-Os ditos concursos rexeranse polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), modificado parcialmente polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (BOE do 11 de xullo); Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro de 1985) e, no non previsto, pola lexislación xeral de funcio

narios civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unha das prazas convocadas.

Segunda.-Para seren admitidos ós citados concursos os solicitantes deberán reuni-los seguintes requisitos xerais:

a) Ser español ou nacional dun estado membro da Unión Europea, ou nacional do Reino de Noruega ou da República de Islandia.

Tamén poderán participa-lo cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, do Reino de Noruega e da República de Islandia, sempre que no estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores desta idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio, será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

b) Ter cumpridos os dezaoito anos e non ter cumpridos os setenta anos de idade.

c) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio da Administración do Estado ou da Administración autónoma, institucional ou local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

Os aspirantes de nacionalidade que non sexa a española, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu estado, o acceso á función pública.

d) Non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións correspondentes a profesor de universidade.

Terceira.-Deberán reunir, ademais, as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.1º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría da praza, e, de se-lo caso, titulación suficiente debidamente recoñecida polo Ministerio de Educación e Cultura para o exercicio profesional en España como profesor universitario.

Cando, estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade, conforme o previsto no artigo 4.1º c), do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e non se pertenza a ningún dos corpos que nel se sinalan, os interesados deberán acreditar ter sido eximidos de tales requisitos dentro do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Non poderá concursar a prazas de profesor titular de universidade quen estivera contratado durante máis de dous anos como axudante nesta universidade, salvo as excepcións previstas no artigo 37.4º da Lei 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), de reforma universitaria.

Cuarta.-Quen desexe tomar parte no concurso remitirá a correspondente solicitude ó rector da Uni

versidade de Vigo, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado, mediante instancia, segundo o modelo do anexo II, debidamente cuberta, xunto cos documentos que acrediten reuni-los requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á de expiración do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Os aspirantes deberán xustificar teren aboadas 7.525 pesetas (45,23 euros) en concepto de inscrición na conta da Universidade de Vigo, outros ingresos, nº 2080-0000-74-0040225994 de Caixanova, (oficina principal, rúa García Barbón, 1-3) epígrafe -outros ingresos-, achegando coa súa solicitude resgardo acreditativo do ingreso realizado facendo referencia a esta convocatoria.

O importe ingresado será devolto ós aspirantes excluídos definitivamente que o soliciten no prazo dun mes, contados a partir do día seguinte ó da notificación da relación de aspirantes admitidos e excluídos.

Quinta.-Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da Universidade de Vigo, por calquera dos procedementos establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, remitiralles a tódolos aspirantes relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión. Contra a dita resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Sexta.-O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a súa constitución, dictará unha resolución que lles deberá ser notificada a tódolos interesados cunha antelación mínima de 15 días naturais respecto da data do acto para o que se cita, convocando a:

a) Tódolos membros titulares da comisión e, se é o caso, os suplentes necesarios para efectua-lo acto de constitución daquela.

b) Tódolos aspirantes admitidos a participar no concurso, para realiza-lo acto de presentación dos concursantes e, con sinalamento do día, a hora e lugar de celebración do dito acto.

Sétima.-No acto de presentación os concursantes entregaranlle ó presidente da comisión a documentación sinalada nos artigos 9 e 10 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, segundo se trate de concurso ou concurso de méritos.

Oitava.-Os candidatos propostos para a provisión das prazas deberán presentar na secretaría xeral da universidade, no prazo dos quince días hábiles seguintes ó de conclusión da actuación da comisión, por calquera dos medios sinalados no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os seguintes documentos:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade ou documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro estado co que teña o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estaren separados de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ó seu cargo.

b) Certificación médica oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico o psíquico que impida o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade.

c) Declaración xurada de non ter sido separado de ningunha Administración pública, en virtude de expediente disciplinario e non atoparse inhabilitado para o acceso e exercicio da función pública.

Os aspirantes que non teñan a nacionalidade española, declaración xurada ou promesa de non estaren sometidos a sanción diciplinaria ou condena penal que impidan no seu estado o acceso á función pública.

Os que tiveren a condición de funcionarios públicos de carreira estarán exentos de xustifica-los ditos documentos e requisitos, debendo presentar certificación do ministerio ou organismo do que dependan, acreditativa da súa condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na súa folla de servicios.

A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación da comisión poderán ser impugnados no casos e na forma establecida na Lei 30/1992.

Ademais, a Universidade de Vigo poderá, de se-lo caso, proceder á revisión das resolucións da comisión conforme o previsto na dita lei.

Vigo, 31 de xullo de 2001.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO I

Número de prazas: 1.

Praza número: 54/2001.

Corpo ó que pertence a praza: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: economía aplicada.

Departamento ó que está adscrita: Economía Aplicada.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en materias da área.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 55/2001.

Corpo ó que pertence la praza: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: economía financeira e contabilidade.

Departamento ó que está adscrita: Economía Financeira e Contabilidade.

Actividades que realizará que obteña a praza: docencia en finanzas.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 56/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: enxeñería eléctrica.

Departamento ó que está adscrita: Enxeñería Eléctrica.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en teoría de circuítos. Utilización da enerxía eléctrica.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 57/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: enxeñería eléctrica.

Departamento ó que está adscrita: Enxeñería Eléctrica.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en máquinas eléctricas.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 58/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: socioloxía.

Departamento ó que está adscrita: Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en socioloxía.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 59/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: socioloxía.

Departamento ó que está adscrita: Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en introdución á socioloxía. Socioloxía aplicada ó desenvolvemento e bienestar social.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 60/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: economía financeira e contabilidade.

Departamento ó que está adscrita: Economía Financeira e Contabilidade.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en contabilidade de custos.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 61/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: economía financeira e contabilidade.

Departamento ó que está adscrita: Economía Financeira e Contabilidade.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en matemáticas financeiras.

Clase de convocatoria: concurso.