Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 05 de setembro de 2001 Páx. 11.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2001 relativa á adxudicación do concurso, polo procedemento aberto, para a adxudicación do contrato administrativo de consultoría e asistencia para elaborar un diagnóstico da estructura organizativa actual da Administración do Parlamento de Galicia e a posterior elaboración dun plan de mellora da súa xestión.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, dispoño a publicación da adxudicación do seguinte contrato de consultoría e asistencia:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 15/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: concurso, polo procedemento aberto, para a adxudicación do contrato administrativo de consultoría e asistencia para elaborar un diagnóstico da estructura organizativa actual da Administración do Parlamento de Galicia e a posterior elaboración dun plan de mellora da súa xestión.

c) Lotes: único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 65, do 2 de abril de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 15.000.000 de pesetas (90.151,82 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 5 de xuño de 2001.

b) Contratistas: PricewaterhouseCoopers Asesores de Negocios, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 13.500.000 pesetas (81.136,6 euros).

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2001.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia