De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente nº 15-1749/1999, por infracción en materia de defensa do consumidor.
Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa notificación, tamén poderá interpoñer calquera outro que estime pertinente ó seu dereito.
Se non fose obxecto de recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), oficina de relación con organismos (0388) Santiago de Compostela; noutro caso, procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:
a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do seguinte mes ou o inmediatamente hábil e posterior.
b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e o último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.
Expediente: 15-1749/1999.
Denunciado: Grupo Goncasse, S.L.
Enderezo: r/ Alcalde Lens, nº 20, 15010 A Coruña.
Sanción e motivos: 100.000 pesetas (cen mil pesetas) por unha negativa inxustificada a satisface-las demandas do consumidor.
Data de resolución: 25-6-2001.
A Coruña, 31 de xullo de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña