Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 05 de setembro de 2001 Páx. 11.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 6 de xuño de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 361 de clasificación do monte Xende, pertencente á parroquia de San Ourente de Entíns, concello de Outes.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente nº 361, de cualificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Monte: Xende.

Comunidade: Pª de San Ourente de Entíns.

Parroquia: San Ourente de Entíns.

Concello: Outes.

Superficie: 51,14 ha.

Estremas: norte: monte. Predios particulares de herdeiros de Josefa Rodríguez. Leste: predios particu

lares de Severino Buján, Manuel Lourido e outros veciños de Entíns. Sur: lugar de Xende, camiño público e predios particulares de Severino Buján, Benito Enríquez e outros veciños de Entíns. Oeste: camiño público dos Pedrousos, que o separa de predios particulares de veciños de Entíns.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 6 de xuño de 2001, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 6 de xuño de 2001.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Alfonso Vázquez-Castro Garma

Instructor