Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 05 de setembro de 2001 Páx. 11.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 6 de xuño de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 360 de clasificación do monte de Riomaior, pertencente ó lugar de Riomaior, parroquia de Esteiro, concello de Muros.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente nº 360, de

cualificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Monte: de Riomaior.

Comunidade: lugar de Riomaior.

Parroquia: Esteiro.

Concello: Muros.

Superficie: 121,20 ha.

Estremas: é o monte Castelo Grande, nº 113 do C.U.P. Norte: propiedades privadas e concello de Outes. Leste: rego de Riomaior, Arestiño e concello de Outes, pasando polo pico de Castelo Grande e costa de Remeiro. Sur: lugar de Riomaior. Oeste: propiedades privadas dos lugares de Riomaior, Silvosa e Laxe, e estrada Riomaior-Silvosa.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 6 de xuño de 2001, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 6 de xuño de 2001.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Juan Ramón Beneyto Bellas

Instructor