De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que o expedientado poida ter coñecemento do contido da mesma a resolución do expediente sancionador nº 11/2001 PAN, por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra.
Fáiselle saber así mesmo o dereito que lle asiste para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días, contados desde o día seguinte á publicación da presente cédula.
A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Pontevedra, 24 de xullo de 2001.
Mª Dolores Pan Vázquez
Delegada provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: nº 11/2001 PAN.
Denunciado, último enderezo coñecido: Panadería El Pilar sita na rúa Pilar nº 2, Vigo, Pontevedra.
Feito denunciado: deficiencias sanitarias.
Precepto infrinxido: artigo 2.2º. Artigo 6.4º; do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria. Artigo 8.8º; 8.9º; 8.10º; 8.11º e 10 do R.D. 1137/1984 polo que se aproba a regulamentación técnico-sanitaria para a fabricación, circulación e
comercio do pan e pans especiais. Capítulo IX do Real decreto 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios.
Precepto sancionador: artigo 35.A) 1ª, 2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, Lei xeral de sanidade.
Sanción imposta: 500.000 pesetas.