Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 05 de setembro de 2001 Páx. 11.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 27 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións dictadas por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente XC-00478-I-2001).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Transportes dictadas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa e poden interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 0182.5947.14.0200002630 do Banco Bilbao-Vizcaya, Argentaria, S.A., sucursal de Santiago de Compostela, no prazo dos quince días hábiles seguintes á firmeza das resolucións (firmeza que se producirá ó non interpoñeren recurso ordinario dentro do prazo) e, de non face-lo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

Para que conste, para que sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 27 de xullo de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-00478-I-2001

C-9241-BB.

LE90R0032413918

Ramón Núñez Nogueira

O Grallal-O Temple, s/n 15679 O Temple (Santa María) (Cambre) A Coruña

Realizar transporte público de mercadorías perigosas (botellas de butano) co vehículo matrícula C-9241-BB, levando 70 botellas de butano cheas, carecendo no vehículo da correspondente carta de porte. (Xúntase copia da acta).

9-3-2001 8.45

Art. 33.10º do R.D. 2115/1998Art. 143 da Lei 16/1987 e art. 201 do R.D. 1211/1990250.000 pesetas

1.502,53 euros