Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 05 de setembro de 2001 Páx. 11.841

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2001 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, da subministración de clave SC/01/053.8.

a) Subministración.

1. Equipamento das novas oficinas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no edificio Os Espellos, zona oeste, en Santiago de Compostela.

Clave: SC/01/053.8.

Orzamento: dezaoito millóns de pesetas (18.000.000 de pesetas), equivalentes a (108.182,18 euros).

Prazo de entrega: 2 meses.

Garantía provisional: 360.000 pesetas.

A solvencia económica y financeira acreditarase por calquera do medios previstos no artigo 16 del Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica acreditarase segundo o disposto no artigo 18 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas nos termos sinalados na cláusula 2.2.5 do prego.

(Declarado urxente consonte o artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba el texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono de información 981 54 49 86.

Así mesmo, poderanse obte-los pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas particulares no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación. E en Copy Nyno, rúa Xeneral Pardiñas 2. Teléfono 981 58 89 38.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha fianza provisional equivalente ó 2% do orzamento de contrata, segundo se especifica no punto 9 do cadro de características.

Esixiráse unha garantía definitiva equivalente ó 4% do importe base de licitación.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará as doce horas del décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo seguiente ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizarase pola mesa de contratación na sala de xuntas de la Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás once horas do décimo terceiro día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre 1), segundo se especifica no punto 2.2.6, constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes: non se admiten.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda