Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.819

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO do 2 de agosto de 2001 para a convocatoria dunha praza de persoal laboral fixo para a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa da seguinte praza:

A) Posto: xefatura da Área de Xestión Económica e Persoal (Ref.: JAEP-STG).

1. Funcións principais: supervisión e control da Área de Xestión Económica e Persoal desta entidade.

2. Praza: 1 (xornada completa).

3. Requisitos:

3.1. Formación axeitada para o correcto desempeño deste posto, acorde á experiencia que se require.

3.2. Experiencia en departamentos públicos en intervención de gastos.

A valoración deste punto realizarase en función de:

a) Experiencia en departamentos de fiscalización e contabilización de gastos: 1 punto por cada 6 meses.

b) Experiencia en unidades competentes de fomento e promoción do turismo: 1 punto por cada 6 meses.

c) Experiencia en tramitación de contratacións administrativas: 1 punto por cada 6 meses.

d) Experiencia en tramitación de convenios con outras administracións públicas, entidades privadas, asociacións: 1 punto por cada 6 meses.

e) Coñecemento do sistema de contabilidade pública: 1 punto.

f) Experiencia en órganos xestores de autorización, disposicións e pagos: 1 punto por cada 6 meses.

g) Experiencia en xestión orzamentaria relativa a modificación de créditos: 1 punto por cada 6 meses.

h) Experiencia en labores formativos: 1 punto por cada 6 meses.

i) Experiencia en condicións laborais dos traballadores: 1 punto cada 6 meses.

j) Experiencia en organismos autónomos, entes públicos ou outras fórmulas descentralizadas de xestión pública: 1 punto por cada 6 meses.

k) Experiencia en medios de difusión: 1 punto por cada 6 meses.

3.3. Entrevista persoal.

O mecanismo de selección consistirá nun concurso de méritos ata 20 puntos conforme coa baremación indicada no punto 3.2. e nunha entrevista persoal que se puntuará con 5 puntos. Pasarán á fase de entrevista os que acaden no concurso de méritos un mínimo de 15 puntos.

B) Documentación que hai que presentar:

Os candidatos terán que xuntar á solicitude todos aqueles documentos orixinais ou fotocopias compulsadas que acrediten os méritos que aleguen, así como, certificado de vida laboral, currículum vitae e fotografía, indicando a referencia do posto ó que optan.

C) Lugar e prazo de presentación de solicitudes:

As solicitudes faranse chegar a Turgalicia-Área Económica y de Personal. Carretera Santiago-Noia, km 3. A Barcia. 15896 Santiago de Compostela, indicando no sobre a referencia do posto ó que se opta, sendo o prazo de presentación de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

D) Selección:

Expirado o prazo de presentación de solicitudes e demais documentación, o comité de selección designado publicará as listas previas de admitidos e excluídos no proceso de selección.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2001.

Heriberto Verdes Vilaseca

Director xerente de Turgalicia, S.A.