Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Aprobado por resolución da Alcaldía do 24-7-2001, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán no concurso, con procedemento aberto e trámite ordinario, para contrata-la execución das obras de saneamento e abastecemento en Torre de Calle, Cesantes, Redondela, exponse ó público polo prazo de 8 días contados a partir do seguinte hábil ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Simultaneamente, anúnciase o concurso, aínda que a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Redondela (Pontevedra).

b) Dependencia: Urbanismo, Vías e Obras.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: contratación das obras comprendidas no proxecto de saneamento e abastecemento en Torre de Calle, Cesantes, Redondela.

b) Lotes: non.

c) Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).

d) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 13.059.543 pesetas, á baixa, equivalentes a 78.489,43 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Redondela (Negociado de Urbanismo).

b) Domicilio: Alfonso XII, nº 2.

c) Localidade e código postal: Redondela 36800.

d) Teléfono: 986 40 03 00.

e) Telefax: 986 40 38 94.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría B; agás o disposto no artigo 25.2º da LCAP para os empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día do prazo cadrara en sábado ou inhábil entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Concello de Redondela.

-Domicilio: Alfonso XII, 2.

-Localidade e código postal: Redondela 36800.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Redondela.

b) Domicilio: Alfonso XII, 2.

c) Localidade: Redondela (Pontevedra).

d) Data: o día seguinte hábil, non sábado, ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

O modelo de proposición axustarase á cláusula 11ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Redondela, 24 de xullo de 2001.

Javier Núñez Salgado

Alcalde accidental