Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial de estudio de detalle.

Aprobado inicialmente por resolución da Alcaldía con data do 26 de xullo de 2001 o proxecto de estudio de detalle denominado estudio de detalle para a modificación de rasantes. Nova vía na marxe do río Tambre. Sigüeiro-Oroso, redactado polos técnicos Francisco Otero Méndez e Francisco Javier Amenedo Ansede, con data xullo 2001, por iniciativa de Mahía Inmobiliaria, S.L., exponse ó público polo prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da aparición deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Oroso, 26 de xullo de 2001.

Eugenio Neira García

Alcalde